Proxectos que transforman Sarria

En Loma Sarria temos máis de 40 anos de experiencia ás nosas costas, e cada proxecto que acometemos é o reflexo do noso compromiso coa calidade, a innovación e a comunidade.

40 anos construíndo o futuro de Sarria

Compromiso, calidade e proximidade

Con máis de 40 anos de experiencia, Loma Sarria consolidouse como un referente na construción e promoción de vivendas en Sarria. Cada ladrillo colocado, cada espazo deseñado, pretende crear un ambiente que promova a comodidade, a seguridade e a felicidade. Os nosos edificios transforman Sarria, aportando valor á cidade e contribuíndo ao seu desenvolvemento. Cunha visión clara de futuro, centrámonos en construír algo máis que estruturas; buscamos establecer relacións estreitas e de confianza cos nosos clientes. En Loma Sarria entendemos que un fogar é moito máis que catro paredes: é un espazo onde se fan recordos, se viven soños e se crea unha vida chea de momentos especiais.

inicio2

Novos proxectos en construción!

Estamos construíndo dous modernos edificios residenciais na rúa Castelao, de 18 e 21 plantas. Descubre a túa futura casa en Sarria.

inicio4

Construímos casas

Con máis de 40 anos de experiencia, ofrecemos servizos integrales na construción e promoción de vivendas, adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes e garantindo a máxima calidade en cada proxecto. Dende a compra de terreos ata a entrega a domicilio, o noso equipo está aquí para axudarche a atopar o fogar perfecto.

Promoción de vivendas

Desenvolvemos proxectos residenciais de principio a fin, garantindo a calidade e os prazos.

Garantía de calidade

Supervisamos cada fase da construción para ofrecer vivendas duradeiras e seguras.

Construción personalizada

Usamos materiais de alta calidade para crear fogares únicos e confortables

Os nosos proxectos

En Loma Sarria dedicámonos a construír vivendas modernas e funcionais, contribuíndo ao crecemento de Sarria. Cada proxecto reflicte a nosa experiencia, compromiso coa calidade e o benestar dos nosos clientes.

Rúa do Peregrino

01.

Rúa Castelao

02.

Rúa da Liberdade

03.
Vivendas construídas
Proxectos en curso
anos de experiencia

O teu fogar está agardando por ti

Estás preparado/a para dar o seguinte paso?